Vudú
Sea Sons Festival
vudu

Son Belém Tajes, teclado e voces xunto con Maritxinha no baixo e loops. Nace na Coruña no ano 2016. Nese mesmo ano gravan en formato cuarteto un primeiro EP nos estudos Bruar da Coruña e gañan en Compostela o premio á mellor canción en Galego por “Eu son VooDoo” no certame Musica Xove.

Na primavera de 2017, gañan o Premio Martín Códax da Música galega na categoría Blues/Funk/Soul que lles serve de impulso para traballar no seu segundo EP Vudú Vol. II. Gravado en Abrigueiro Estudios da man de Arturo Vaquero e foi autoeditado en 2017, cunha tirada de 300 exemplares feitos e pintados a man.

 

No inverno de 2018 gravan e autoeditan o seu primeiro LP, Vudú Vol. III coa produción de Nicolás Vieites. Con este LP acaban de gañar o premio á Mellor adaptación dun tema tradicional por “Moreniña”, nos XVIII Premios Opinión de Música de Raíz.

Vudú son letras chegadas da música tradicional galega con armonías fundamentalmente Soul e R&B. Vudú é unha música íntima, elegante para grandespequenos momentos.

 

Novidades

Últimas novas

  • No posts were found.

Sea Sons Festival © www.seasonsfestival.es

Woohost.es - Desarrollo Web