Memoria 2019

MEMORIA DO PROXECTO SEA SONS FESTIVAL

Este ano celebramos a cuarta edición do Sea Sons festival. Nesta edición igual que
a do ano pasado contamos cunha feira de profesionais do sector. Para eso
tivemos o privilexio de ter un espazo acolledor como é a Domus, nunha sala
adaptada como é o seu auditorio,con conexión directa ao mar no que disfrutamos
dunhas maravillosas vistas durante os networkings.
Realizamos 18 showcases e charlas do sector en directo.
Durante a presentación e rolda de prensa, o 3 de outubro as 12:00h, contamos
coa presenza do Concelleiro de cultura da Coruña (D. Jesús Javier Celemín) e o
Presidente do club do mar de San Amaro (D. Ángel Manuel Garmendia Díaz).
Tamén se repartiron as acreditacións aos correspondentes programadores e
profesionais do sector.
Facilitamos a presentación da Asociación musical Nonito Pereira e desfrutamos
coa interpretación de Carlos Goñi-Revolver.
Mostramos o proxecto Músicas inclusivas e participativas que nace da unión da
Asociación Cultural Tres por Catro xunto co músico, compositor e Técnico
Sociosanitario, Robert Pier.

Descargar Memoria Dosier de prensa
Sea Sons Festival © www.seasonsfestival.es
Woohosty.com - Desarrollo Web