Memoria

MEMORIA DO PROXECTO SEA SONS FESTIVAL

Este ano celebramos a terceira edición do Sea Son Festival introducindo unha nova idea. Unha Feira de Profesionais do Sector Musical, un espazo creado para coñecer as  diferentes propostas musicais de Galicia. Un encontro aberto e claro entre
profesionais do sector e programadores dos diferentes concellos. A idea xorde da necesidade de crear unha rede de apoio no
terceiro sector, buscar solucións. Establecer unha verdadeira rede de contactos para dar saída a unha gran parte de propostas musicais,
apoiar sen dúbida o talento local.
A Xornada tivo lugar no auditorio da Domus na cidade de Coruña durante os días 4 e 5 de outubro. Participaron diferentes proxectos e
asociacións que deron apoio á feira, relatorios como a de Clubtura e Agem que entre outros temas falaron da Nova lei de espectáculos,
das consideracións fiscais ás que se enfronta actualmente un artista, un debate aberto onde participaron diferentes persoas que
asistiron á feira. Doutra banda, expuxéronse proxectos novos, todos eles das xornadas de formación da Fundación Paideia. Xente nova
que aposta por novos espazos e estratexias que van máis aló dun festival.
Un dos proxectos presentados foi o de Turismo Musical presentado por Carlos Regueiro cunha reportaxe moi ben explicada no periódico
ideal galego.

Outro dos proxectos que tivo moi boa acollida foi o de Aarón Blanco con “Son Coruña” un espazo para celebrar a música e potenciar o talento local, sen dúbida proxectos que axudan e apoian o sector musical en Galicia.

Tamén se presentaron cooperativas como Urdime con novas propostas musicais que levan percorrendo toda a comarca e o territorio galego.

Aínda que fixemos un gran esforzo por reunir a profesionais do sector con programadores dos diferentes Concellos, tivemos pouca presenza por parte de programadores, polo que pensamos traballar moito máis a feira , cremos que é sumamente necesario establecer unha feira en Coruña, polo que nos moveremos nesta area con moita máis planificación.
Deixamos algúns datos de todos os participantes da feira, aínda que sabemos que é necesario traballala moito máis e contar coa presenza do concello e deputación de Coruña

Descargar Memoria
Sea Sons Festival © www.seasonsfestival.es
Woohosty.com - Desarrollo Web