Blog

SEA SONS FESTIVAL 2018

Chegan á Coruña sons do mar, nun outono case sen ruído, e a festa non acabou! O verán deixounos contos e historias para lembrar, pero outubro tráenos unha airexa de música, alegría e vida para compartir porque no entorno da cidade celébrase a III Edición do Sea Sons Festival, un proxecto organizado pola Asociación Cultural Tres por Cuatro coa colaboración de dúas profesionais ​—​Maritxu Alonso e Mary Carmen Vivas​—, ​que xunto ó Presidente José Saavedra, conforman un equipo que traballa na programación, comunicación e dirección do Festival.

Este ano se suma unha nova iniciativa que crea espazos para profesionais do sector musical, representantes, programadores de diferentes concellos, xefas de salas, músicos e outros profesionais estarán no auditorio da Domus os días 4 e 5 de outubro. Unha feira con mostras de proxectos musicais, pequenos concertos en formato showcase e unha mesa redonda a cargo de mulleres profesionais do sector musical. Todo isto nunha atmosfera de traballo que facilita a contratación e visibilización de artistas en Galicia.

Por outra banda, os concertos en salas serán o día xoves 4 na Sala Baba Bar dende ás 21:00 con Birds & Cables e Robert Pier:

E o venres 5 a artista Alondra Bentley que ven dende Madrid a presentar o seu disco “Mixtapes” na Sala Garufa Club dende ás 22:00.

O día 6 de outubro haberá concertos ó aire libre con artistas como Cimarrones, que veñen dende Perú con rock afropeurano, Bolboreta & Mambé ​—​esta última artista é colombiana​—​, el grupo Apart dende Carballo, SondaRúa co seu rap galego, Screams on Sunday, unha banda xove madrileña de rock, dende Canarias Dj Arrocín e non pode faltar o grupo Garrafunk dequevenssendo o folk galego que sempre teñe espazo! Tamén haberá actividades para nenos e nenas, xogos e pintacaras, e por se fora pouco algo de danza con Leo Gomes, unha profesora de Samba.

Catro días de programación musical e profesional na Coruña que o día 7 finaliza na Domus (Casa Dos Peces) cunha mostra inclusiva do Proxecto MIP (Músicas Inclusivas Participativas) xunto ás sete entidades participantes ADCOR, CAPD, GRUMICO, LA ONCE, COGAMI, AIND e ADACECO. Tamén estará o proxecto de Luix Kaf, artista e poeta galego, que presenta “Antes de Saltar”. Dando o peche ó festival estará la banda Swing Sentido.

Un festival Ecléctico a carón do mar nun outono de festa, alegría e diversidade, unha oportunidade de medrar no entorno musical, coñecer novas propostas e activar a cultura na cidade ó regreso das vacacións!

Instagram
Facebook
Twitter

Non hai comentarios

Deixar unha resposta